cinza

12,75€

mercar

Música de cinza

Manuel Forcadela

Lonxe dos criterios que separan a prosa da poesía, en Música de cinza tamén se contan historias, evócase o vivido, o perdido, o que xa non é, para que, dese xeito, regrese.

Poesía de raíz dionisíaca, discurso rítmico e escuro, a palabra de Manuel Forcadela arrinca do tempo, da caducidade, do devir imparable que nos dá sentido e que nos forma, esa cinza que nos fala de antigos fulgores, de lumes que xa arderon. Mais o poemario tamén se elabora a partir do aforismo de intención filosófica e a partir da función do azar na construción da beleza.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 110
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 12 x 22 cm.
  • Data Publicación : 2008-09-01
  • Colección : Dombate (Poesía)
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-119-5
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

forcadela

Forcadela, Manuel
Manuel Forcadela (Tomiño, 1958) é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Poeta e novelista, como estudoso da literatura é autor de obras coma A harpa e a terra: unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (1988), Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993) e de varios traballos sobre Blanco Amor.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR