historia de galicia

20,30€

Non dispoñible

Historia de Galicia

Ramón Villares

Unha visión completa e rigorosa da totalidade da historia do noso país arrequentada polos logros que nos últimos anos acadou a investigación.

A Historia é esencial para entender a sociedade actual. Ramón Villares debrúzase sobre o noso pasado para procurar nel as principais claves da Galicia de hoxe. Concibido cunha forma de ollar nova, máis complexa e rica, atenta tamén á historia da cultura e aos coñecementos que a investigación histórica nos achegou nos últimos vinte anos, este libro engade como novidade unha visión das diferentes épocas desde o outeiro das sete grandes cidades galegas: o Lugo romano, a Compostela de Xelmírez, a Pontevedra dos mareantes e mercadores, o Ferrol ilustrado, a Coruña liberal, o Vigo industrial e o Ourense da xeración Nós.

Entre os contidos do libro que salientan como novidosos ou especialmente interesantes, cómpre subliñar o alargamento de información sobre épocas coma o Humanismo e a dos Austrias maiores; a reformulación que se fai da Galicia sueva e, sobre todo, do papel de Martiño de Dumio; as incorporacións de contidos relativos á historia da cultura e, naturalmente, a atención a problemas como o caciquismo, agora enxergados cunha ollada nova. Ao que se debe acrecentar a visión do periodo que vai da Guerra Civil á construción do réxime de autonomía, cunha atención especial á evolución do galeguismo no exilio e no interior.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 476
  • Deseño : Cartoné
  • Dimensións : 138 x 208
  • Data Publicación : 2004-02-01
  • Colección : Manuais
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-655-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Autor/a

ramon-villares-teresa-navarro

Villares, Ramón
Ramón Villares Paz (Xermade, 1951) é un dos historiadores galegos con maior prestixio e cunha obra de recoñecida solvencia na que destacan Foros, frades e fidalgos (1982), coa que obtivo o Premio da Crítica Galicia na modalidade de ensaio, Desamortización e réxime de propiedade (1994), Figuras da nación (1997), Fuga e retorno de Adrián Solovio (2006, 2007 e 2018) ou Identidade e afectos patrios (2017). Tamén cómpre salientar a súa faceta de divulgador da Historia de Galicia, singularmente cos seus libros A Historia (1984) e Historia de Galicia (2004, 2016), onde ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega e que tivo unha enorme repercusión entre os lectores do país. Foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor magnífico da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994). Ademais dos xa citados, en 2005 foi galardoado co Premio Fernández Latorre e no 2018 co Premio da Cultura Galega de Proxección Exterior.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR