Esta historia

Xosé Monteagudo

Contar unha historia ten o engado e o feitizo da descuberta, é como a revelación dunha vida secreta.

O insospeitado xorde do habitual, do cotián, conquístanos e faise inesquecible…

É o poder da literatura. Xosé Monteagudo (Moraña, 1965), autor da novela As voces da noticia (Premio Blanco Amor 2002), introdúcenos no misterio dun personaxe engaiolante. Dos anos universitarios ao devalo das ilusións, da mocidade á vida familiar, a través da conversa de dous amigos.

A novela tece e destece o fío dunha existencia. Ler Esta historia é volvela a vivir.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 200
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2006-04-06
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-910-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

fina-a-pirataFina a pirataHelena Villar Janeiro
follas-novas-literaria-ensinoL. Ensino: Follas novasRosalía de Castro
aires-da-mina-terraL. Ensino: Aires da miña terraManuel Curros Enríquez
red-lionRed LionMaría Alonso Alonso
minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto

mont

Monteagudo, Xosé
(Moraña, 1965), licenciado en Dereito, comezou a súa traxectoria literaria ao obter o accésit no premio Modesto R. Figueiredo do ano 2001 co relato "O engado do triángulo". A súa primeira novela, As voces da noticia, resultou gañadora do Premio Blanco Amor no ano 2002; nela, o autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos.

En 2006 publica tamén en Galaxia a súa segunda novela, titulada Esta historia, na que reconstrúe unha biografía xuvenil a partir das lembranzas universitarias. É colaborador asiduo de Grial, revista na que realiza crítica literaria. En 2009 recibiu o Premio García Barros pola novela Un tipo listo.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR