Contos populares da provincia de Lugo

VV.AA.

Prólogo de Ricardo Carballo Calero

Recollidos a través de colexios da provincia de Lugo e trans­critos polo poeta Bernardino Graña —bolseiro nesa época no Colexio Fingoi—, estes contos publicáronse por primeira vez en 1963 coa aspiración de “proporcionar ao público unha colleita de narrativa tradicional”, como escribe no prólogo Ricardo Carballo Calero, profesor do devandito centro naquela altura.

Ben sabido é o poder migratorio dos motivos épicos, e así ninguén se ha estrañar de atopar nestes contos lugueses asuntos e personaxes familiares a outros pobos. Relatos das Mil e unha noites achámolos en versións nacionais tanto en África coma en Galicia. Aquí, nestes contos da provincia de Lugo, atopará o lector adaptacións de fábulas de Esopo. A epopea animal galega conta cos seus Renard e Isengrin. A historia de Maître Pathelin ten tamén o seu paralelo. E se algunhas aventuras de cazadores nos lembran ao barón de Münchhausen, o mito da caixa de Pandora non deixa de se reflectir escuramente neste libro de abraiante e relucente literatura.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 264
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 18/03/2020
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-456-5
  • Edición :
  • Nº na colección : 412
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

9788491514756A esmorga (Ilustrada)Eduardo Blanco AmorDiego Estebo
9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez

VV.AA.

VV.AA.,


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR