A casa do paralelo 54

Iria Collazo López

Esta é unha historia onde a imaxinación non ten límites,

onde as cousas máis raras suceden coma se fosen nomais. Achégate a esta casa chea de seres inesperados, como sacados dun soño con moita febre. Entra nos seus cuartos. O que hai dentro está cheo de sorpresas…

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 212
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200
  • Data Publicación : 28/01/2019
  • Colección : Árbore
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-299-8
  • Edición :
  • Nº na colección : 226
  • Observacións : Ilustradora: Luz Beloso

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Autor/a

Foto Iria Collazo López

Collazo López, Iria
Naceu en Barro (Pontevedra) en 1981, pero leva no Morrazo (primeiro Moaña, agora Cangas) desde os sete anos. As historias que lle contaron, que vive e que respira nestes dous lugares impregnan boa parte do que escribe. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e titulouse co Premio Extraordinario Fin de Carreira. Ao ano seguinte aprobou as oposicións ao Ensino Secundario e hoxe exerce como profesora de Lingua e Ligeratura Galega no IES As Barxas, de Moaña. Na Editorial Galaxia publicou a novela Coma unha áncora e o libro de relatos, A soidade das medusas (traducido ao portugués de Brasil e ao francés). Con A casa do paralelo 54 debuta na literatura infantil.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR