Carlos Casares, o amigo das palabras

10,00€

mercar

Carlos Casares, o amigo das palabras

Rafael Laso Lorenzo

Pasada unha década da morte de Carlos Casares, xúntanse neste libro as voces dos amigos do escritor.

Trinta e tres entrevistas realizadas a persoas que, por unha razón ou outra, o coñeceron persoalmente. Tamén as voces daqueles que se achegaron a el a través da súa obra. Mulleres e homes de todos os eidos: médicos, escritores, críticos literarios, empresarios, profesores universitarios, políticos, editores, libreiros… Todos eles van debullando un retrato do autor de ILUSTRÍSIMA: as calidades da súa escrita, o seu traballo de editor, as facetas da súa personalidade. Un libro de homenaxe que inclúe unha biografía rigorosa e sucinta, a cronoloxía da súa obra e un álbum fotográfico no que se reflicten momentos sinalados da súa vida.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 112
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 240 x 210
  • Data Publicación : 2013-03-15
  • Colección : Reportaxe
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-471-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

Foto Rafael Laso

Laso Lorenzo, Rafael
Naceu en Xinzo de Limia no ano 1965, onde cursou parte dos estudos primarios tendo por mestre o pai de Carlos Casares, e é enxeñeiro técnico industrial. Coa súa primeira novela, POR QUE BALDOMERO QUINTÁNS? (2006), foi Premio de Narrativa Pura e Dora Vázquez, obra á que seguirian UN DESEXO DE MIL DÓLARES (2006, Premio de Narrativa Manuel Oreste). A VIDA QUE NON É (2007), MEMORIA CONTRA ALZHEIMER (2008), O TRASMUNDO DE ANTIOQUÍA (2009) e o conto para rapaces UNHA VIDA DE RA, co que foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento 2011. CARTAS AO DIRECTOR (2012) é a súa novela máis recente.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR