Naceu en Xinzo de Limia no ano 1965, onde cursou parte dos estudos primarios tendo por mestre o pai de Carlos Casares, e é enxeñeiro técnico industrial. Coa súa primeira novela, Por que Baldomero Quintáns? (2006), foi Premio de Narrativa Pura e Dora Vázquez, obra á que seguirían Un desexo de mil dólares (2006, Premio de Narrativa Manuel Oreste). A vida que non é (2007), Memoria contra alzheimer (2008), O trasmundo de Antioquía (2009) e o conto para rapaces Unha vida de ra, co que foi finalista do premio Frei Martín Sarmiento 2011. Cartas ao director (2012) é a súa novela máis recente.