Capitol, última sesión

Miguel Anxo Fernández

Un dos escritores galegos que mellor recrean o fascinante mundo do cinema é Miguel Anxo Fernández. Capitol, última sesión achéganos un mangado de historias nas que as salas de cine e as películas forman un universo que acaba por contaxiar a vida dos espectadores.

Historias de cine que forman parte da nosa historia que, coma en Cinema Paradiso, marcan o devalar do tempo. Envexable pulso narrativo e pingadelas de humor, Miguel Anxo percorre a historia cinematográfica do século XX a traves dos filmes que se proxectan no Capitol, un cine dos de antes arredor do cal se tecen vidas e historias tan apaixonantes como as que se proxectan na súa pantalla. Aventura, amor e misterio nun libro de narrativa que conta a historia do cinema dunha maneira imaxinativa e orixinal.
Ao lembrar esas películas de cine que deixan na memoria un pouso de sensaciones e vivencias, Miguel Anxo Fernández explora ese territorio privado no que a fantasía do cinema se mestura coa realidade da vida dando lugar a unha obra narrativa que engaiola e conquista lectores. A mesma fascinación que acontece na sala de proxección trasládaa o autor ás narracións de Capitol, última sesión.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 168
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 140 x 210
  • Data Publicación : 2004-11-29
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-8288-749-4
  • Edición : 1

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

latexo-beatLatexo BeatFestival Internacional Kerouac Vigo
corpo-de-antiochiaCorpo de antiochiaTamara Andrés
leonardo-e-os-fontaneiros-2017Leonardo e os fontaneirosMaría Victoria Moreno
a-sombra-dos-bonsaisÁ sombra dos bonsaisAntón Riveiro Coello

Autor/a

miguelanxo

Fernández, Miguel Anxo
O Carballiño, 1955. Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual. Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014) e Un dente sen cadáver (2016).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR