Blues para Moraima

Miguel Anxo Fernández

PREMIO BLANCO AMOR 2016

Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar a vida tras unha fuxida á desesperada. Co seu regreso, tensións políticas e vellas historias da guerra do 36 volven ao presente. Mais tamén volve a lembranza dos amores perdidos naqueles días de terror. Sen sospeitalo, o xornalista da televisión que o animara a regresar para reivindicar a súa obra cinematográfica terase que enfrontar ás temibles e violentas consecuencias de desenterrar un pasado negado e maldito. Combinando memoria histórica, elementos de thriller policial e unha homenaxe ao cinema político, Miguel Anxo Fernández logra con Blues para Moraima, Premio Blanco-Amor 2016, unha das súas obras literarias máis ambiciosas. Unha novela de grande axilidade narrativa e unha intriga que apreixa o lector.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 260
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 27/03/2017
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-049-9
  • Edición :
  • Nº na colección : 359
  • Observacións :

Noticias relacionadas



Actividades relacionadas


Novidades

as-que-mais-molan-maria-fumacaAs que máis molan!!! UxíaMagín Blanco
hermes-aprendiz-de-magoHermes, aprendiz de magoManrique Fernández
a-ledicia-de-lerA ledicia de lerCarlos Casares
a-pel-do-mundoA pel do mundoBerta Dávila

Autor/a

miguelanxo

Fernández, Miguel Anxo
O Carballiño, 1955. Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual. Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014) e Un dente sen cadáver (2016).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR