Antígona. A cartuxeira. Neuras

María Xosé Queizán

Traxedia, drama e comedia. Velaquí tres pezas teatrais de María Xosé Queizán que exploran os diferentes rexistros do xénero dramático.

Acción, palabra, actividade pública, compromiso… En Antígona. A cartuxeira. Neuras a palabra xera o contacto co mundo e inicia un compromiso que atinxe o pensamento, os criterios e as conviccións.

Tres situacións que exploran a realidade para lle quitar a máscara, que aproveitan a capacidade do xogo teatral para establecer correspondencias entre escena e realidade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 212
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 13,5 x 21 cm.
  • Data Publicación : 2008-07-02
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-105-8
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas

NEURAS no Teatro Caixanova2010-05-21 20:30:00

Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

maria

Queizán, María Xosé
Naceu en Vigo en 1939. É presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas) e directora da revista Festa da palabra silenciada. O feminismo e o nacionalismo son elementos claves na súa obra literaria e na súa actividade. A orella no buraco, aparecida en 1965, foi a súa primeira novela. Narra a vida dun vagabundo dende un estilo obxectalista. A esta seguiron outras obras narrativas como A semellanza, Amantia, Amor de tango e Ten o seu punto a fresca rosa. É colaboradora en diversos xornais e revistas.

Entre outros recoñecementos recibiu o Premio Voz de Liberdade 2011, outorgado polo Centro Pen de Galicia e o Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia en 2013.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR