A través do Fume

Antonio Piñeiro

Premio Torrente Ballester 2017

Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para recoller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa: maletas, viaxeiros, altofalantes, rótulos publicitarios e rostros que se confunden con outros rostros a través do fume doutra viaxe.

A viaxe interior, a viaxe do tempo.

Coa linguaxe da evocación e da invocación, António Piñeiro tece nesta novela as revoltas das lembranzas no pensamento dunha muller. Memorias, desexos e devezos na febra dunha corrente de consciencia que describe sutilmente, parágrafo a parágrafo, os recullos dunha época e o misterio dunha historia de amor definitiva. Co pano de fondo da emigración galega a Europa, ese retorno vai acabar sendo o retorno da protagonista a si mesma, un regreso ás vivencias e enigmas do pasado. A relación cos pais, as promesas incumpridas, os soños desgastados, os amores difíciles levan a novela a un final insólito. A través das sensacións, dos retrincos de imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 128
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 24/10/2018
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9151-188-5
  • Edición : 1
  • Nº na colección : 374
  • Observacións :

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

antoni

Piñeiro, Antonio
ANTONIO PIÑEIRO (Santa Uxía de Ribeira, 1962) publicou a novela As fiandeiras, coa que obtivo o Premio García Barros en 2011. É autor de preto dunha vintena de títulos. Dende o verán de 2004, é o promotor das edicións Bourel, á vez que membro do movemento Barbantia, eixes sobre os que desenvolve a súa presenza cultural e literaria. A súa novela A dama fulxente foi Premio Avilés de Taramancos en 2011, co relato Boxcar Blues acadou o accesit do Premio Modesto R. Figueiredo e, con A carreta, o Premio Valle Inclán de narración curta.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR