Estás aquí:

Código: 1081

A revolución vertical

16,35  IVE INCLUIDO

ou por que os seres humanos camiñan ergueitos

é unha fábula de estilo clásico escrita en Kikuyu e traducida a máis de oitenta idiomas en todo mundo. Unha homenaxe á tradición da literatura oral e dese másico momento compartido que supón ler aos outros.

O conto narra a formación do corpo humano como unha discusión entre as súas partes. Brazos e pernas quererán demostrar que son os máis importantes nunha competición que terá como testemuñas o resto de animais, que os tomarán por tolos, e as outras partes do corpo quererán dicir o que opinan. Como acabará todo?

Un marabilloso conto de Ngũgĩ wa Thiong’o ilustrado por Agustín Comotto.

"A vida está conectada. Estamos todos conectados, dependemos os uns dos outros." Palabras de Ngũgĩ  sobre o conto na entrevista en Los Angeles Review of Books.

"O relato lémbranos que todos somos un, e que na nosa unidade temos o poder de transformar o futuro que esperamos para nós mesmos." The Guardian

"Incluído no catálogo da OEPLI 2018 como un dos mellores do ano"

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 11/03/2019
Dimensións 158 x 216 mm.
Colección: Libros singuilares e fóra de colección
Nº na colección: 126
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-307-0
Observacións:

AUTORES/AS

wa Thiong’o, Ngũgĩ
ngugi

Naceu en Kenya en 1938, no seo dunha familia rural. Durante a súa infancia e adolescencia viviu baixo o dominio colonial británico ata a revolta dos guerrilleiros Mau Mau (1952-1962) que levou á independencia do país.

A partir do seu ingreso na comunidade universitaria, Ngũgĩ inicia unha serie de reflexións acerca da concepción académica das culturas e literaturas africanas; estas ideas cimentaron moitas teorías poscoloniales, que co tempo contribuíron a realzar a personalidade cultural propia dos territorios africanos logo do colonialismo europeo.

Doutra banda, desde 1962 deuse a coñecer como escritor polifacético e activista social; as súas obras foron centrando cada vez máis a atención nos problemas políticos, culturais e sociais de Kenya, razón pola que sufriu persecución política dentro e fóra do país (estivo exiliado desde 1982 ata 2002). Ademais, a partir de 1981 prioriza o gĩkũyũ; a súa lingua materna, fronte ao inglés como lingua de creación literaria.

Actualmente Ngũgĩ é profesor de Inglés e de Literatura Comparada na Universidade de California, en Irvine. Ten dez títulos de doutoramento (un deles honoris causa) outorgados por universidades de todo o mundo, ademais doutros méritos académicos e honoríficos. Continúa escribindo e participando activamente nas esferas culturais e académicas do mundo como recoñecido conferenciante; toda a súa obra segue xerando debate e actividade intelectual, e foi traducida a máis de trinta linguas.

As súas obras

A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE

COLECCIÓN

Libros singuilares e fóra de colección

4 pezas. A sombra de Orfeo; Farsa das zocas; A arbre; Auto do prisioneiro
9788491514367
6.00€ CON IVE
A música dos Valladares. Retratos de familia
9788411761772
15.00€ CON IVE
A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE
Antes molabamos máis
9788411760560
29.95€ CON IVE
cando non sei volver
9788411761512
17.00€ CON IVE
Compostela, póla Florida
9788491519973
20.90€ CON IVE
Curros & Holmes no misterio d'o kapital
9788491518020-1
13.50€ CON IVE
O libro secreto da filosofía
9788411761543
15.50€ CON IVE