wa Thiong’o, Ngũgĩ

ngugi
wa Thiong’o, Ngũgĩ

Naceu en Kenya en 1938, no seo dunha familia rural. Durante a súa infancia e adolescencia viviu baixo o dominio colonial británico ata a revolta dos guerrilleiros Mau Mau (1952-1962) que levou á independencia do país.

A partir do seu ingreso na comunidade universitaria, Ngũgĩ inicia unha serie de reflexións acerca da concepción académica das culturas e literaturas africanas; estas ideas cimentaron moitas teorías poscoloniales, que co tempo contribuíron a realzar a personalidade cultural propia dos territorios africanos logo do colonialismo europeo.

Doutra banda, desde 1962 deuse a coñecer como escritor polifacético e activista social; as súas obras foron centrando cada vez máis a atención nos problemas políticos, culturais e sociais de Kenya, razón pola que sufriu persecución política dentro e fóra do país (estivo exiliado desde 1982 ata 2002). Ademais, a partir de 1981 prioriza o gĩkũyũ; a súa lingua materna, fronte ao inglés como lingua de creación literaria.

Actualmente Ngũgĩ é profesor de Inglés e de Literatura Comparada na Universidade de California, en Irvine. Ten dez títulos de doutoramento (un deles honoris causa) outorgados por universidades de todo o mundo, ademais doutros méritos académicos e honoríficos. Continúa escribindo e participando activamente nas esferas culturais e académicas do mundo como recoñecido conferenciante; toda a súa obra segue xerando debate e actividade intelectual, e foi traducida a máis de trinta linguas.

As súas obras

A revolución vertical
a-revolucion-vertical
16.35€ CON IVE