Estás aquí:

A república dos soños

esgotado

ESGOTADO

Alento mítico da galeguidade. Unha novela que é unha homenxe ás raiceiras da súa autora e aprofunda na epopea da emigración galega a alén mar. Os lectores teñen nas mans non só un dos títulos máis sobranceiros de Nélida Piñon, tamén un dos fitos da narrativa brasileira contemporánea: A república dos soños, publicada por primeira vez no ano 1984, obtivo o Premio Associaçao de Críticos de Arte de Sao Paulo e o Premio Pen Clube ao mellor libro de ficción. A novela conta a historia de dous rapaces que embarcan en Vigo rumbo ao Brasil. É o ano 1913, o éxodo de emigrantes galegos acabaría por ser unha sangría de máis de millón e medio de persoas que atravesan o Atlántico á procura da súa "república dos soños".

Novela intensa e audaz, concibida coa forza tumultuosa desa enorme epopea que foi a emigración a América, Nélida Piñon escribe esta historia dunha maneira engaiolante. Todo un legado de resistencia e vontade por sobrevivir é trasmitido a través dos dous protagonistas, o tiunfador Madruga e o soñador Venancio. Dous xeitos de reflectir as glorias e frustracións dunha experiencia inesquecible e sempre presente na memoria de todos os galegos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 940
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 09/12/2015
Dimensións 13,5 x 21 cm. mm.
Colección: Literaria
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-767-8
Observacións: ESGOTADO

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Piñon, Nélida
pinon

Nélida Piñon (Vila Isabel, Río de Xaneiro) é filla de pais emigrantes procedentes de Cotobade, na provincia de Pontevedra. É unha das grandes figuras da literatura brasileira contemporánea, con obra ampla e variada, aínda que os seus grandes logros se centran preferentemente no campo do romance.

As súas obras

A casa da paixón
casa paixon
15.60€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.70€ CON IVE
70º norte
9788411761420
21.95€ CON IVE
900
900
22.00€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
24.40€ CON IVE
A beleza debe morrer
9788411760188
19.90€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
14.70€ CON IVE