Nélida Piñon (Vila Isabel, Río de Xaneiro) é filla de pais emigrantes procedentes de Cotobade, na provincia de Pontevedra. É unha das grandes figuras da literatura brasileira contemporánea, con obra ampla e variada, aínda que os seus grandes logros se centran preferentemente no campo do romance.