fama

15,90€

mercar

A fama. Novela en nove historias

Daniel Kehlmann

A nova historia do autor de "A medición do mundo".

Co ritmo vivo e a habelencia narradora que xa amosara en A medición do mundo, Daniel Kehlmann compón desta volta un mosaico ledo e irónico sobre a sociedade actual.

Un actor de cinema que dubida da súa propia existencia, un riquísimo escritor de libros de aparente sabedoría que arrenega do que ensina neles, unha muller que decide morrer e decátase de que a súa vida é unha ficción inventada por outro.

Estas nove historias amosan o poder dos medios de comunicación para duplicar o mundo real e a atracción titánica que exerce a celebridade.

En 2010 recibiu o Premio Cévennes á mellor novela europea.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 180
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210
  • Data Publicación : 2009-10-09
  • Colección : Biblioteca Compostela de Narrativa Europea
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-219-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila
a-fraga-do-meu-avoA fraga do meu avo Mamá Cabra
na-metade-da-noiteNa metade da noiteLuis Marcelo Pérez

kehlmann

Kehlmann, Daniel
Daniel Kehlmann (Múnic, 1975) ten publicadas as novelas Beerholms Vorstellung (1997), Mahlers Zeit (1999) e Ich und Kaminski (2003), un libro de relatos titulado Unter der Sonne (1998) e un libro de ensaios. As súas obras están traducidas a máis dunha ducia de linguas e obtivo con elas varios galardóns, o último deles, o Premio Candide 2005. A súa novela Ich und Kaminski converteuse nun grande éxito internacional. Críticos literarios da relevancia do alemán Marcel Reich-Ranicki afirman da súa obra: "Recomendo a Daniel Kehlmann sen reservas. Intelixencia, capacidade de observación e fabulosos diálogos". Outras opinións da prensa internacional: "A novela alemá máis divertida deste ano" (Süddeutsche Zeitung), "Ao contar a vida dos seus personaxes, anécdota a anécdota, Kehlmann dá pé a un verdadeiro pracer literario" (Der Spiegel).


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR