Kehlmann, Daniel

kehlmann
Kehlmann, Daniel

Daniel Kehlmann (Múnic, 1975) ten publicadas as novelas Beerholms Vorstellung (1997), Mahlers Zeit (1999) e Ich und Kaminski (2003), un libro de relatos titulado Unter der Sonne (1998) e un libro de ensaios. As súas obras están traducidas a máis dunha ducia de linguas e obtivo con elas varios galardóns, o último deles, o Premio Candide 2005. A súa novela Ich und Kaminski converteuse nun grande éxito internacional. Críticos literarios da relevancia do alemán Marcel Reich-Ranicki afirman da súa obra: “Recomendo a Daniel Kehlmann sen reservas. Intelixencia, capacidade de observación e fabulosos diálogos”. Outras opinións da prensa internacional: “A novela alemá máis divertida deste ano” (Süddeutsche Zeitung), “Ao contar a vida dos seus personaxes, anécdota a anécdota, Kehlmann dá pé a un verdadeiro pracer literario” (Der Spiegel).

As súas obras

A fama. Novela en nove historias
fama
18.40€ CON IVE
A medición do mundo
medicion
22.80€ CON IVE