Dende este venres e ata o domingo, Editorial Galaxia desenvolverá todo un mollo de actos pensados para todo tipo de públicos. Espectáculos de maxia, actuacións musicais, faladoiros con escritores e escritoras… todo un conxunto de actividades que convertirán Pontevedra no centro cultural do noso país.

De seguido, o calendario preparado pola nosa editorial:
Venres 26
– 17:00 h, Presentación no Cuarto dos nenos do libro-CD OLA, OLA, LA!, de Mamá Cabra.
– 19:00 h, Faladoiro no Salón: o xornalista Iago Martínez conversará con Antón Lopo arredor da súa novela OBEDIENCIA, Premio García Barros 2010.
Sábado 27
– 18:00 h, Faladoiro no Salón: a xornalista Belén Regueira conversará con Xurxo Sierra Veloso arredor do seu libro OS FÍOS, Premio de Narrativa Breve Repsol 2010.
– 18:40 h, Faladoiro no Salón: a xornalista Belén Regueira conversará con Iván García Campos arredor da súa novela O IMPOSIBLE DE DESATAR, Premio Blanco Amor 2010.
– 19:00 h, no Cuarto dos nenos, presentación do libro ABRAPALABRA!, con Carlos Coira e Antón Cortizas.
Domingo 28
– 20:00 h, Presentación no Salón do libro NOVAS RECEITAS DA COCIÑA DE LARPEIROS, de Benigno Campos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR