Faleceu Ramiro Fonte

Categoría: Nova

Segundo fontes do devandito instituto, o ensaísta, narrador e poeta estaba ingresado dende o pasado 23 de setembro na citada institución hospitalaria. "Hoxe a poesía escríbese con dolor", declarou aos medios Carmen Cafarell, directora do Instituto Cervantes, nada máis saberse a noticia. "O seu sentido do humor, a súa profunda ironía e a súa amabilidade facía que todos o quixésemos".

"Perdemos un amigo, mais tamén unha das figuras máis sobranceiras da literatura galega do noso tempo", comentou César Antonio Molina, ministro de Cultura.

Ramiro Fonte deuse a coñecer como poeta no colectivo Cravo Fondo, a finais dos anos setenta, e participou na fundación da revista Dorna. En 1983 publicou o seu primeiro libro As cidades da nada. Outros títulos seus posteriores foron Pensar a tempestade (1986), O cazador de libros (1997) e o Capitán Inverno (1999). En 1984 recibira o Premio da Crítica de Galicia e o Premio Lousada Diéguez (Designium), e en 1988 o Mínima moralidade recibiu en 1988 o Premio González Garcés, e en 1991 obtivo o Premio Esquío polo seu poemario Adeus norte.

A súa obra é rica e extensa: doce títulos de poesía, oito libros de narrativa e algúns títulos de ensaio. A súa triloxía Vidas da infancia propón un percorrido polo seu tempo e a súa xeración, páxinas cheas de evocación, sentido literario e esixencia poética. Tamén foi editor de poetas como Celso Emilio Ferreiro, Luis Pimentel e Ramón Cabanillas. Era membro correspondente da Real Academia Galega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email