Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Premio Lecturas 2006

Categoría: Nova

Este premio foi creado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) co propósito de estimular a lectura e a imaxinación entre a infancia e a adolescencia e apoiar as actividades de animación á lectura que se realizan nas bibliotecas galegas, xa que son os propios lectores os que elixen os premiados.

Nacido en Compostela en 1968, Neira Cruz é un dos autores de libros dirixidos a público infantil e xuvenil máis relevantes do panorama galego actual. En 1989 obtivo o premio Merlín por Ó outro lado do sumidoiro, o seu primeiro libro publicado. Logo apareceron outros como Melanio e os paxaros e Os gatos de Venecia. Gañou en dúas ocasións o premio Barco de Vapor con Valdemuller e Os ollos do Tangaleirón. Entre a súa produción destacan outros títulos como O armiño dorme, A memoria das árbores e O xenio do sultán. Actualmente é responsable das coleccións "Árbore" e "Costa Oeste" de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email