Xesús Alonso Montero, elixido novo presidente da Real Academia Galega

Categoría: Nova

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) foi elixido o pasado sábado novo presidente da Real Academia Galega. É o dirixente da corporación número doce desde os tempos de Manuel Murguía.
O xa novo presidente recordou na súa primeira intervención como tal que a RAG é a «institución máis comprometida coa causa da lingua».
A directiva encabezada por Alonso Montero queda do seguinte modo: Henrique Monteagudo (secretario), Rosario Álvarez (tesoureira), Margarida Ledo (bibliotecaria) e Andrés Torres Queiruga (vicesecretario).
Ábrese unha nova xeira á fronte da RAG que desexamos ventureira para a directiva entrante. O seu éxito será o éxito da lingua de nós.

Comparte nas túas redes sociais ou por email