María Xosé Queizán, autora galardoada nos Premios Irmanda do Libro

Categoría: Nova

O pasado sábado, a Federación de Libreiros de Galicia entregou, como leva facendo dende hai 22 anos, os seus premios Irmandade do Libro.
Este ano, a escritora viguesa María Xosé Queizán foi a escollida como a autora galardoada pola súa traxectoria.
O xurado valorou "a longa e moi definida traxectoria en traballar polo galego dende todos os xéneros, sendo pioneira na narrativa galega despois da guerra". O xurado destacou tamén a importancia de María Xosé Queizán como autora de teatro.
O premio foille outorgado á autora en Mondoñedo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email