“A xente da Barreira”, de Ricardo Carballo Calero

Categoría: Evento, Nova
A Editorial Galaxia volve publicar un título de Ricardo Carballo Calero, sen dúbida, unha figura senlleira e a quen este ano, ademais, a RAG dedica o Día das Letras Galegas. A xente da Barreira é un dos primeiros títulos dos moitos que este ano a Editorial Galaxia recuperará deste autor.
A xente da Barreira pode ser considerada unha novela neorrealista, aínda que os personaxes non pertencen, como case sempre acontece na novela neorrealista, ás clases artesás, ás clases obreiras ou pequenoburguesas dun  mundo urbano ou vilego… senón a un mundo rural.

A xente da Barreira é un título axeitado porque o protagonista é a propia casa da Barreira co seu contorno, a xente da Barreira; mesmo no sentido romano da palabra: a familia que vive na casa da Barreira construída polo fundador da dinastía e a súa clientela, os campesiños que traballan na Barreira, que se relacionan cos señores da Barreira, que mesturan mesmo o seu sangue cos señores da Barreira e que forman parte desa xente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email