Día Internacional da Educación

Categoría: Evento, Nova

Hoxe, 24 de xaneiro, é o Día Internacional da Educación. É importante celebrar este día que nos recorda o dereito humano á educación. Unha axuda fundamental para crear sociedades mellores e persoas máis felices. Trátase dunha responsabilidade colectiva de todas e todos, é a base dunha sociedade preparada, xusta e igualitaria. Propicia o pensamento crítico e a autonomía das persoas. Unha poboación educada crea novas oportunidades e debuxa distintos horizontes.
As profesoras e profesores son os encargados de acompañar ás nenas e nenos neste camiño que empeza na infancia pero que continúa durante toda a vida. (Auto)coñecerse é fundamental para descubrir as fortalezas e debilidades propias e alleas, e contruír entre todas e todos unha comunidade mellor.
Dende a Editorial Galaxia compartimos estos valores e apoiamos a causa coa colección Biblioteca de Intervención Social/Didáctica na que publicamos títulos como O latexo dunha aula infantil ou Os fíos de infantil, das irmás Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca, entre outros títulos.
 

Comparte nas túas redes sociais ou por email