A colección Ronsel inaugúrase coa obra Na canella infinita do escritor moañés Juan Parcero.
Podedes ler o primeiro capítulo premendo aquí.
Unha novela na que dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de pantasmas e sombras. Corren os anos oitenta, un tempo de gran creatividade e militancia cultural, pero tamén de moitas traxedias persoais, dor e morte. Un achado accidental e envelenado nunha praia coloca ao trío de protagonistas no bordo do precipicio. Historias paralelas e que se bifurcan, as ansias de desaparecer e esquecer o medo, o ímpeto humano do auxilio e solidariedade, os remorsos e a procura de consolo, o terror cara a un futuro que non existe e a sabedoría dun pasado que sempre acompaña, forman parte dunha historia engaiolante e poliédrica na que moitos lectores e lectoras se recoñecerán.
O venres 1 de marzo, celebrarase, ás 20 h, no salón de plenos do Concello de Moaña, a primeira presentación do libro.
Acompañando o autor, estarán Leticia Santos, alcaldesa do Concello de Moaña; Daniel Costas, concelleiro de cultura; Jesús Costas, dinamizador de cultura; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.