Hoxe, mércores 21 de febreiro, sumámonos á celebración do Día da Lingua Materna.
Unha data sinalada para nós, que conecta co noso compromiso máximo dende 1950: xerar un espazo de resistencia e liberdade para que o noso idioma e cultura poidan ter acollida, en definitiva, medrar. A nosa lingua defínenos como sociedade, como pobo, e é unha marca de identidade que nos sitúa no mundo.
No día de hoxe brindamos con orgullo polo noso, por defender a nosa lingua nai, que é o galego; seguir publicando autoras e autores, pensamentos diversos e propostas, a través da nosa maneira de ver o mundo.