Xa na rúa UN CONTO AO REVÉS

Categoría: Nova

Hai unhas semanas comezou a chegar ás librerías de Galicia o novo libro da nosa colección Sonárbore. Referímonos ao traballo de Chuches Amil, UN CONTO AO REVÉS.
O libro-disco vai acompañado dunha historia protagonizada por dous nenos que, mergullados no mundo do sono, van vivir mil aventuras nas que nada é o que parece porque todo, absolutamente todo, está do revés.
Un exercicio de fantasía que CHUCHES AMIL convirte tamén nunhas cancións onde as boas melodías e o rock teñen a súa parte de protagonismo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email