Escoller onde buscar

Martes de presentacións e homenaxes na Feira do Libro de Vigo

Categoría: Nova

Este martes a Editorial Galaxia protagonizará tres actos na carpa da Feira do Libro de Vigo.
Así, ás 7 da tarde presentaremos a fotobiografía de Ramón Otero Pedrayo nun acto que contará coa presenza dos autores, Patricia Arias Chachero e Afonso Vázquez-Monxardin e do Presidente da Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo, Vitor Fernández Freixanes.
Rematada esa presentación, será o momento, ás 19,45 h. de presentar en sociedade o novo número de GRIAL. Un dos seus co-directores, Víctor F. Freixanes, acompañado de Dolores Vilavedra, que coordinou o caderno central dedicado a Camus e Galicia, serán os encargados de explicarnos os temas deste novo número xa nas librerías do país.
Remataremos, a partir das 20,30, cun emotivo acto de homenaxe á poeta viguesa, recentemente falecida, María do Carme Kruckenberg. 15 poetas da cidade, coordinados pola biógrafa de Carme, Mercedes Queixas Zas, recitarán algún texto da autora. O colofón ao día porao o grupo Xardín Desordenado que interpretará un tema composto a partir dun dos seus poemas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email