Xa está dispoñible a nota de Víctor F. Freixanes arredor de “A cidade dos Césares”

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia vén de recuperar, nunha nova edición preparada polo seu autor, a novela coa que Víctor F. Freixanes conseguía o Premio de Novela Torrente Ballester hai 30 anos.  O premio comezara uns anos antes pero a novela de Freixanes foi a primeira en lingua galega merecente de tan prestixioso galardón. Co gallo do seu 30 aniversario, a Editorial Galaxia publica unha nova edición preparada polo escritor que engade unha nota previa que contextualiza o libro dende moitos puntos de vista.
Todas e todos os interesados poden acceder á mesma a través desta ligazón.
“A cidade dos césares” é unha obra clásica da narrativa en lingua galega, polo que merecía esta revisitación literaria e comezar circular de novo polas mesas de  novidades das librarías.
Esta nova edición da obra será presentada na libraría Lume da Coruña o vindeiro 28 de xullo ás 19.30 horas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email