Visita de Âncora Editora a Galaxia

Categoría: Nova

Onte mércores recibimos na sede da Editorial Galaxia a visita de António Baptista, director de Âncora Editora, casa editorial portuguesa e que se reuniu cos responsables da Editorial Galaxia dentro do plan de Internacionalización que estamos a desenvolver e que ten como obxectivo estreitar os lazos entre a literatura galega e a literatura portuguesa. No encontro, ademáis do editor portugués, participaron Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración, Francisco Castro, director xeral, Mabel Montaña, adxunta á dirección e responsable económica e Xosé Carlos Morell, responsable de internacionalización da editorial.
Durante a conversa mantida entre os responsables de ambas as editoriais avanzouse nun plan de traballo que permita que a literatura galega se coñeza mellor en Portugual e que a literatura portuguesa se coñeza mellor entre nós. A idea de ambos os proxectos é que esa raia, tantas veces muro, que nos separa, se desfaga de todo e que Galiza e Portugal poidan coñecerse e recoñecerse mellor a través dos seus libros e das súas autoras e autores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email