Este venres será especialmente activo no que a presentacións de libros se refire. Por unha banda, en Compostela, ás 20:15 h, na librería Lila de Lilith, a escritora Begoña Caamaño presentará 'Morgana en Esmelle'. Estará acompañada pola profesora e crítica María Xesús Nogueira, a cantante Guadi Galego e o músico Guillerme Fernández.

E no Porriño, un chisco despois, ás 20:30 h, no Círculo Recreativo Cultural, Manrique Fernández presentará 'Diabolus in música. Conversas con Rogelio Groba' Participan, canda o autor, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia e o propio Rogelio Groba. Haberá unha audición comentada de fragmentos das súas obras polo propio compositor.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR