Chega o mes de agosto e con el o descanso da nosa fábrica de Libros. Editorial Galaxia pechará as súas portas durante esta tempada para coller impulso e chegar con máis forza no vindeiro curso.

Xa pensamos en novas lecturas, para todas as idades e gustos literarios, que estaremos felices de presentarvos cando se achegue o momento.

Desexamos poder seguir con vós durante esta etapa de descanso, a través das vosas lecturas, na praia, no río, na casa, en definitiva, neste fermoso tempo de lecer. Calquera momento é bo para descubrir novas historias ou devorar aquelas que nos agardan dende hai tanto tempo.

Vémonos en setembro, coma sempre, falando de libros.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR