Tres obras de Galaxia son finalistas no Premio San Clemente Rosalía-Abanca

Categoría: Nova

Na categoría de lingua galega, as obras finalistas son Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, Illa Decepción, de Berta Dávila, e Flores de ferro, de María Rei Vilas.
O Premio San Clemente Rosalía-Abanca salienta estas tres obras de Editorial Galaxia, que xa foron premiadas con galardóns tan importantes como o Premio Nacional de Narrativa, o Premio de Narrativa Breve Repsol ou o Premio García Barros.
Todas estas obras están relacionadas coa memoria, no caso da novela de Xesús Fraga, é unha historia da emigración universal. Berta Dávila, destaca pola autoficción na que reflexiona sobre vivencias pasadas, que entronca co confinamento. A novela de María Rei Vilas destaca por ser un retrato de mulleres loitadoras, no contexto da Guerra Civil.

Este ano, para seleccionar ás gañadoras e gañadores, ademais do instituto anfitrión, Rosalía de Castro de Santiago, participará, votando a súa obra favorita, o alumnado dos centros IES Pontepedriña, da capital galega; así como o Xulián Magariños (Negreiros), o Vilar Ponte (Lugo), o IES Pintor Colmeiro (Silleda), e o Ferro Couselo (Ourense).

O fallo do xurado está previsto para o mes de outubro.

Comparte nas túas redes sociais ou por email