Marcos Calveiro, novo director de Edicións de Editorial Galaxia

Categoría: Nova

No día de hoxe, o escritor Marcos Calveiro incorporarase á Editorial Galaxia como o novo director de Edicións.
Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.
Xa se publicou, na Editorial Galaxia, o primeiro tomo da saga dedicada a Curros & Holmes, titulada Curros & Holmes no misterio d’o Kapital.

Comparte nas túas redes sociais ou por email