#sempreengz Hastag para conmemorar os 70 anos de 'Sempre en Galiza'

Categoría: Nova

Dentro dos actos de homenaxe ao 'Sempre en Galiza' de Castelao, que ven de cumprir 70 anos, o Consello da Cultura Galega desenvolve unha serie de accións encamiñadas a un maior coñecemento do libro. Entre elas, destaca unha aplicación para dispositivos móbiles, un spot promocional e un sitio web conmemorativo que acolle as gravacións de lecturas internacionais e da que xa falamos en días pasados.
Esta edición dixital aumentada do texto consiste nunha aplicación para tablets e móbiles Apple e Google Android, de descarga gratuíta, editada polo Consello da Cultura Galega e a Editorial Galaxia, coa colaboración do Parlamento de Galicia e da Universidade de Santiago de Compostela. A app contén o 'Sempre en Galiza' completo e numerosos contidos adicionais, como os estudos sobre o proceso de creación e documentación da obra, materiais adicionais, biografías de Castelao, fotogalerías, vídeos, etc.
As actividades de difusión arrincaron o pasado 20 de maio cunha acción encamiñada a difundir a obra de Castelao nas redes sociais. Co hashtag #sempreengz todos os días, a través do twitter do Consello da Cultura Galega (@consellocultura), de culturagalega.org (@culturagalega), e da nosa editorial (@EdGalaxia) ofrecemos unha escolma de frases extractadas da obra para facilitar o seu coñecemento.
Dende aquí convidadamos a todas e a todos os habitantes do reino twitter a chiar con Castelao como fondo e inspiración.

Comparte nas túas redes sociais ou por email