A web de 'Sempre en Galiza'

Dentro dos moitos actos e accións que estes días están a celebrarse e botar a andar para conmemoriar o 70 aniversario da presentación, no Royal Albert Hall de Bos Aires o 'Sempre en Galiza', e dos que estamos a dar conta diara nesta web, así como no noso blogue e redes sociais, destaca a creación […]
Últimos días para presentar obras ao VIII PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL

Na ligazón á dereita destas liñas deixamos as bases correspondentes ao VIII Premio de Narrativa Breve Repsol e que permite a presentación de obras ata o vindeiro 22 de xullo. A obra gañadora será publicada pola nosa editorial. (na foto, Berta Dávila, gañadora da edición do ano pasado)
O tráiler e o documental da rodaxe d'A Esmorga' preséntanse na Feira do Viño de Valdeorras

A esmorga, filme producido por Vía Láctea Filmes e Editorial Galaxia, estará presente nesta edición da Feira do Viño de Valdeorras, que ten lugar no Barco de Valdeorras esta próxima fin de semana, 12 e 13 de xullo. A película atópase nestes momentos en periodo de postprodución, e estrearase a final de ano. A esmorga […]
#sempreengz Hastag para conmemorar os 70 anos de 'Sempre en Galiza'

Dentro dos actos de homenaxe ao 'Sempre en Galiza' de Castelao, que ven de cumprir 70 anos, o Consello da Cultura Galega desenvolve unha serie de accións encamiñadas a un maior coñecemento do libro. Entre elas, destaca unha aplicación para dispositivos móbiles, un spot promocional e un sitio web conmemorativo que acolle as gravacións de […]