Foi a grande triunfadora na pasada Feira do Libro de Vigo, cando se presentou, e está a triunfar entre o público galego dous meses despois coa aparición da segunda edicion do libro PEQUENAS HISTORIAS PARA FALAR DE EMOCIÓNS E SENTIMENTOS, de Julia Fernández Rodríguez.
O libro ofrece unha serie de recursos para falar (en principio, coa xente miúda) das emocións e das conductas que desencadean. A autora utiliza "pequenas historias" de nenos e nenas que coñeceu durante o tempo de traballo nos hospitais para ilustrar cada emoción e as respostas (positivas e negativas) que provoca, ofrecendo as ferramentas necesarias para abordar o complexo mundo das emocións e aprendernos a tratar con elas, saber como entendelas, xestionalas e, no fondo, vivir mellor