Segunda edición para O ÁLBUM DE GARRINCHA

Categoría: Nova

O libro saíu xusto antes do verán e, dende o primeiro instante, foi un éxito de vendas e agora é tamén na prescripción educativa, pois son moitos os centros escolares que optan polo libro de Beatriz Maceda Abeleira como lectura para os seus alumnos e alumnas. Un libro que nos fala da integración de todas e de todos a través do fútbol, mais que tamén aposta pola superación ao revisar a historia do mítico xogador brasileiro Garrincha, "a alegría do pobo" como era coñecido nos seus días, que naceu cunha perna máis curta que a outra, a columna vertebral retorta e, sen embargo, chegou a ser o mellor futbolista do mundo.
Agora chega ás librerías a segunda edición desta obra ilustrada por Laura Veleiro e que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email