O 'Terceiro Adral' de Xosé Filgueira Valverde estará na semana que vén nas librerías do país. Neste volume, o autor reuniu unha combinación de temas diversos iluminados por unha reflexión sobre os ritos da vida e da morte.
Son artigos concibidos como evocacións e lembranzas contadas coa fidelidade que xorde da erudición e cunha migalla de humor. Unha maneira de escribir inspirada pola curiosidade intelectual e a alternancia das ciencias da natureza e das humanidades, polas homenaxes constantes á creación artística; un xeito de concibir o libro como "lecer nos traballos e compañeiro nas horas de señardade". como fonte de aprendizaxe e divertimento.