Segunda edición para 'Bícame Frank'

Categoría: Nova

Durante agosto foi chegando ás librerías de todo o país a segunda edición da nova aventura do detective creado por Miguel Anxo Fernández, Frank Soutelo. En principio, a nova non tería por que ter nada de especial. Por fortuna, son moitos os libros galegos que esgotan edición e levan ao prelo a segunda. Mais no caso desta novela o que resulta chamativo é que consigue esa segunda edición en menos dun mes, o que deixa ben claro o alto nivel de aceptación que este novo caso do detective Soutelo conseguiu dos lectores e lectoras no noso país.

Comparte nas túas redes sociais ou por email