Segunda edición para 'A cociña dos Cunqueiro'

Categoría: Nova

Seguro que foron moitas e moitos os que, para os días pasados nos que houbo que espremer a cabeza buscando pratos e sobremesas para encher as comidas e ceas de fin de ano e de recepción do novo, botaron man do receitario que a dona de Cunqueiro, Elvira González-Seco Serrano nos deixou e que publicamos hai uns meses baixo do título de A COCIÑA DOS CUNQUEIRO. O volume conta cun limiar dun dos seus fillos, o poeta César Cunqueiro e do responsable da edición, o experto en temas de gastronomía e cociña, Miguel Vila Pernas.
O libro vén de ser recoñecido co pase á final nos prestixiosos GOURMAND WORLD COOKBOOKS AWARDS 2013 e que recoñece os mellores libros de cociña do mundo.
Agora, chega ás librerías a segunda edición. E estamos certos de que haberá máis. Como sen dúbida desexaría quen facía da cociña unha arte delicada e fantasiosa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email