Santiago Lopo gaña o Premio García Barros 2012

Categoría: Nova

O xurado salientou que desde a variedade de rexistros literarios de calidade (cartas, poesía, informes,…) apreixa o leitor para contar unha historia de actualidade científica que cuestiona as fronteiras espazotemporais e reivindica valores ecoloxistas.

Valorouse tamén a concepción do psiquiátrico como metáfora da sociedade actual que lle serve o autor para elaborar con destreza a biografía dun científico comprometido co seu tempo e activismo social.

Santiago Lopo (Vigo, 1974) é profesor de francés na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Iniciouse profesionalmente traducindo guións cinematográficos en inglés para televisión, e en 1998 cotraduciu ao galego, xunto a Xavier Queipo, dúas obras do escritor francés Hervé Guibert (Citomegalovirus e O meu criado e mais eu), publicadas por Xerais. Desde o ano 2000 colabora coa revista Unión Libre, onde publicou diversos artigos e traducións. En 2006 gañou o VI Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia, coa novela Game Over. En 2009 publicou en Xerais Peaxes, a súa segunda novela.

Como gañador do certame Manuel García Barros, a súa obra será publicada por Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email