Sabela González lerá as primeiras páxinas da segunda parte de 'As crónicas de Landereina'

Categoría: Nova

Hai un ano, a escritora Sabela González sacudía a literatura xuvenil en galego coa publicación do primeiro tomo da triloxía de 'As crónicas de Landereina', a historia da amazona Berenguela que esgotou en algo menos dun mes toda a primeira edición.
Dende aquela, son milleiros os rapaces e rapazas de Galicia que esperan con expectación a publicación do segundo volume da triloxía, feito que se producirá á volta do verán.
Mentres, mañá, no marco do Salón do Libro de Pontevedra, e diante de alumnos e alumnas do IES Torrente Ballester da cidade do Teucro, a escritora, acompañada do escritor e editor da triloxía que publica Galaxia, Francisco Castro, lerá as dúas primeiras páxinas do segundo tomo, ao tempo que anunciará algunhas das claves da evolución da historia e dos personaxes de 'Feitizo de lúa', segundo tomo da triloxía e obra que está chamada a repetir o éxito da primeira entrega.

Comparte nas túas redes sociais ou por email