Presentación do libro 'Xosé María Díaz Castro. Vida e obra'

Categoría: Nova

A Asociación Cultural Barbantia, Editorial Galaxia, La Voz de Galicia a librería LER de Pobra do Caramiñal, e o Concello de Noia organizan a presentación da saída do número 93 do suplemento cultural 'A Voz de Barbantia' e a presentación do libro XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO. VIDA E OBRA de Armando Requeixo.
No acto, xunta o autor intervirá Xesús Laíño, presidente de Barbantia e haberá unha actuación musical do alumnado do Conservatorio de Noia.

Xosé María Díaz Castro convertiuse nunha das figuras referenciais da poesía galega do século XX. A súa obra e moi extensa, pois gran parte da mesma permanece espallada por revistas e xornais e moita dela ficou inédita. Do estudo e edición desta obra que este venres se presenta, encargouse o crítico literario e profesor Armando Requeixo, quen neste libro achega toda esa produción aos lectores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email