O sábado serán dous os concertos de grupos do noso catálogo de Sonárbore que, dentro do programa 'Venres nas librerías' ofrecerán o mellor da súa música á cativada do país.
Así, Chuches Amil actuará na librería Aenea en Santiago o próximo sábado 31 de outubro ás 12.00 horas da mañá. Os cativos poderán gozar das cancións do seu libro-disco "Un conto ao revés".
En Moaña serán As Maimiñas as que protagonizarán o concerto, tamén ás 12 da mañá na librería Pontillón animándonos a facer con elas "Unha viaxe polo mundo".