Rosalía viva

Categoría: Nova

Hoxe celébrase en todo o país o Día de Rosalía. Unha iniciativa nacida da AELG, e apoiada por moitos colectivos como Gálix e que a nosa Editorial tamén seduce, lévanos hoxe a pedir á cidadanía que merquen un libro e unha flor para agasallar. Mais non un libro calquera. Hoxe hai que mercar un libro en galego. Hainos a montes e moreas. A calidade é enorme. Para todas as idades. Para satisfacer todos os gustos.
Con esta celebración, lembramos o nacemento da poeta de Galicia, da muller que soubo poñer palabras, tamén de indignación, diante da aldraxe e os abusos. Algúns dos seus poemas de corte máis social e reivindicativos siguen a deslumbrarnos hoxe pola súa actualidade.
Nun día coma hoxe, lembremos, coma Rosalia, quen somos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email