A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia únense para convidar a todo o público interesado á saida dun novo número de 'A Voz de Barbantia' e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello.
O acto terá lugar mañá venres 24 de febreiro, ás 20:30 h, no salón de actos do Liceo d’A Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27). Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Xesús Laíño, presidente de Barbantia, Jorge Abal Caamaño, presidente do Liceo Pueblense e o autor da novela e directivo de Barbantia, Antón Riveiro Coello.