"Memoria de cidades sen luz" preséntase en Ames

Categoría: Nova

Este sábado, ás 17 horas, na Praza do Concello de Ames, a escritora Inma López Silva presentará, na compaña de Manuel Guede, a súa novela "Memoria de cidades sen luz" que foi merecente do Premio Blanco Amor de Novela o ano pasado.
A novela, que está a gozar dun grande éxito de vendas e crítica, é unha obra que conta vidas que cabalgan arredor dun século, o XX, cheo de guerras pero tamén de ideoloxías libertarias, de mulleres fortes e despois esquecidas, e de xeografías que asistiron, ás veces atónitas, ás veces cómplices, ás peripecias duns personaxes que crían na liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email