Mañá xoves, ás 12.00, na Casa Galega da Cultura, en Vigo, terá lugar a inauguración da exposición “MAPAS E CARTAS DE VIGO E DE GALICIA SÉCULOS XVII AO XX”. O acto será introducido polo director da Fundación Penzol, Francisco Domínguez, ademais de promotor da mostra, e nel participarán o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e o vicepresidente da Fundación Penzol, Antón Vidal.
A exposición poderá ser visitada durante un mes e está organizada pola Fundación Penzol, o Concello de Vigo e a Rede de Museos do Concello de Vigo. O comisariado está a cargo do destacado cartógrafo galego, Gonzalo Méndez Martínez, profesor da Universidade de Vigo.