Durante un mes, expóñense 33 obras de mapas e cartas de Galicia e tamén de Vigo, representativas do noso fondo cartográfico histórico, que comprende arredor dunhas 80 pezas. Tamén se poden ver mapas antigos como o de Hernando de Ojea, primeira representación que se fai de Galicia de maneira independente, así como tamén dos destacados cartógrafos Tomás López, Vicente Tofiño, Domingo Fontán… E outros seguindo o modelo cartográfico de “Le Neptuno François”, así como levantamentos cartográficos das costas galegas, realizados a principios do pasado século XX polo buque hidrógafico Urania con base en Vigo.